Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

25 N. Unímonos contra a desigualdade e a violencia de xénero

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, fixemos diversas actividades nas aulas para seguir concienciando, como facemos ao longo de todo o curso, sobre a importancia da igualdade de xénero e o rexeitamento de calquera tipo de violencia.

Ademais, a ANPA organizou uns obradoiros para todos os cursos de E. Primaria que impartiu a psicóloga e empresaria Jeanette Valiñas. A través de vídeos, presentacións, diálogo e xogos, reflexionamos sobre estas temáticas e comprometémonos a tratarnos ben sempre, sumando as nosas forzas para acabar coa violencia en contra das nenas, das mulleres e de calquera persoa, en todos os ámbitos da vida.

Moitas grazas á ANPA e a Jeanette por estes interesantísimos obradoiros!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies