Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Arqueólogos por un día

Imagen1

O pasado luns 4 de marzo, os alumnos de 1º e 2 da ESO fixemos unha saída as 15:00 da tarde que nos pillou totalmente de sorpresa. O que non sabiamos era que esa saída ía ser tan divertida. Fomos andando ata o sitio citado e en canto chegamos recibíronnos separándonos en dous grupos. Explicáronnos que o que iamos facer sería meternos no papel dun arqueólogo. Ao parecer o traballo dun arqueólogo non era tan fácil como nós pensabamos…O primeiro que fixemos foi situarnos coma se fose nunha cabana do pasado da idade do ferro. Cuns cepillos, pinceis, cubos… buscamos e buscamos ata atopar restos que nos chamaran a atención. Unha vez atopados, metemos cada resto en bolsas ás que lle asignamos un código diferente. A continuación, comentamos todo o que se pode atopar nunha cabana ou nun castro. Parece incríble que baixo os nosos pés poidan aparecer ese tipo de cousas!

Despois tratamos as mostras atopadas, metemos os anacos de carbón en auga para quitarlle todo tipo de area e restos para logo mandar a analizar. Tamén mesturamos terra e auga e miramos se o líquido era ácido. A continuación, cada un de nós collimos un anaco de arxila, puxémoslle un código e botámoslle un esmalte. Logo describimos as pezas, tamaño, época… Con todo isto aprendimos que se un día nos atopamos cun resto arqueolóxico debémolo levar a un museo, xa que quizáis teña máis valor do que nós cremos. Foi unha experiencia moi divertida. A verdade é que non o fixemos tan mal. Quen sabe, quizáis algún de nós poderá ser un gran arqueólogo…

Esperamos repetir esta actividade pronto, merece a pena!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ link=”file” ids=”4602,4603,4605,4606,4607,4608,4609,4610,4611,4612,4613,4614,4615,4616,4617,4618,4619″]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies