Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

As nais tamén queren ensinarnos!!

As tardes dos mércores seguen sendo especiais. Estos días foron as nais as que nos dedicaron un pouco do seu tempo e se achegaron ata o cole para compartir con nós algunhas das súas habilidades.

 

Leni, a nai de Tomás de 1º ensinounos a facer unhas fundas chulísimas para gardar os nosos móbiles, cartas… Incluso tivemos a oportunidade de coser a máquina! E a verdade é que non é tan fácil como parece , aínda que quen sabe, se algún de nós se convertirá algún día nun prestixioso modisto!!!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ columns=”2″ ids=”5786,5785,5784,5783,5782″]

Tamén nos visitou Pepa, a nai de Eloy de 3º, que nos ensinou a facer unhas arepas riquísimas que é unha comida típica de Venezuela, onde ela residiu durante uns anos. Cun pouco de fariña cocida de millo, ovos, manteiga, sal…podemos facer unhas arepas exquisitas.

Con esto so esperamos que non tarde moito en volver, xa que despois da degustación das nosas arepas, temos gañas de máis!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”5788,5789,5790,5791,5792,5793″]

Agradounos moito as súas visitas, esperamos que volvan pronto, elas ou outros pais!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies