Celebramos o Día de Rosalía
O pasado 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía e fixémolo cun recitado poético protagonizado por parte dos rapaces de 3º ESO. Pola tarde, Andrés e Pablo de 1º ESO leron cadanseu poema do libro Follas Novas no recital organizado polo Concello da Estrada.