Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Charla sobre redes sociais e violencia sexual

Sabemos o que son as novas tecnoloxías e o moito que nos axudan, xa forman parte da nosa vida. Dentro do mundo tecnolóxico as redes sociais ocupan un lugar importante no noso día a día e ofrecen perigos que, aparentemente, non percibimos. Para alertarnos dos riscos que pode conlevar o seu uso os cursos da ESO recibimos, no marco da campaña “Desenrédate”,  que parte do Concello da Estrada, cadansúa charla, ben interesantes todas elas e, ademais, moi amenas.

Coma sempre, non renunciemos aos beneficios das redes sociais pero tendo moito coidado coas novas maneiras de violencia, como as que se dan no campo do xénero. Nas redes sociais ocúltanse moitos destes perigos polo que foi unha ocasión moi boa para facernos ver con novos ollos ferramentas nosas habituais e para ter un criterio máis responsable cando as empreguemos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies