Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Concerto no Auditorio de Galicia. 1º, 2º e 3º EP

O xoves 1 de febreiro 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fomos a Santiago de Compostela para asistir no Auditorio de Galicia ao concerto didáctico O Gato con Botas ou Maese Gato.

Este conto popular europeo foi recollido en 1695 por Charles Perrault, que o publicou dous anos máis tarde, dedicándollo a unha sobriña de Luis XIV, coñedido como “Rei Sol”. Na estética desta época e da corte de Versalles inspirábase a posta en escena. Títeres PerPoc creou un espectáculo coas figuras debuxadas pola artista Alexandra Semenova, que se moveron ao son do repertorio musical francés dos séculos XVII e XVIII interpretado pola Real Filharmonía de Galicia.

Tralo concerto puidemos merendar e dar un paseo polo Parque da Música.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies