Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Coñecendo o SERGAS

“O pasado xoves, 30 de maio, recibimos a visita de Raquel Balboa, nai de Manuel e de Daniel, de 1º e 3º da ESO. Raquel acercouse ao centro para falarnos do SERGAS, Servizo Galego de Saúde, e grazas a ela descubrimos o mundo complexo que se agocha detrás desas siglas. Imos aos centros de saúde, ao hospital e poucas veces nos paramos a pensar na organización que hai detrás, nos centos de persoas que traballan alí e en como están organizadas. Da man de Raquel puidemos descubrir como se compón, cal é a súa finalidade, como se financia e cales son os retos para o noso sistema de saúde. Toda unha sorte esta charla, sobre un tema que non vén nos currículos e que cómpre coñecer porque é algo que nos afecta a todos os cidadáns e cidadás, sexa cal sexa a nosa idade”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies