Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Conferencias e outros proxectos de aula, 2º EP

Durante o último mes do curso presentamos na aula as nosas conferencias, que forman parte do Proxecto comunicativo de 2º EP. Foi unha oportunidade para compartir información e aprender sobre temas moi diversos a través da palabra, da imaxe e da música. Encantounos expoñer os nosos traballos, escoitar aos demais e facer preguntas. Saíronnos moi ben as presentacións e pasámolo xenial!

Parabéns a todos e todas! Moitas grazas ás familias pola colaboración na realización deste proxecto!

As últimas semanas de curso as nosas plantas foron medrando (o cilantro incluso floreceu!) e fixemos unha pequena investigación para identificar que plantas silvestres autóctonas creceron en cada vaso. Tamén tivemos ocasión de observar o crecemento das xudías e lentellas. Que rápido medraron!

E rematamos o curso cunha pincelada de arte, dándolle o toque final ás nosas pirámides.

BO VERÁN!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies