Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Construción dun niño de paxaro, outra dimensión máis para as tardes dos mércores.

Xa estivera con nós no pasado outono para facernos unha demostración introdutoria á Impresión 3D e nas últimas tardes dos mércores do curso Enrique Otero Neira e a súa empresa Brinka3D volveron para facernos outra demostración práctica e colaborativa. Enrique puxo á nosa disposición ferramentas de deseño e impresión en 3D e amosounos, cun exemplo, unha das múltiplas aplicacións que ofrecen. El fixo de guía e entre todos ideamos, deseñamos e realizamos unha peza única: un niño de paxaros que agora ocupa o seu lugar entre a nosa carballeira.
Grazas, Enrique, por darnos a oportunidade de coñecer algo máis sobre impresión dixital e por guiarnos no traballo que fixemos.

…e xa che contaremos que paxaro afortunado vive alí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies