Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Desfrutando na neve

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A nosa viaxe comezou o martes 26 de madrugada, cando un grupo formado por alumnos de sexto de primaria e de todos os cursos de secundaria saímos, ás seis da mañán, dirección Leitariegos. A pesar de estar cansos, polo madrugón, estivemos desfrutando da paisaxe que viamos a través das ventás do autobús.

A primeira parada foi en Valcarce onde almorzamos e aproveitamos para estirar as pernas. A segunda xa foi en Villablino, pobo que hai anos vivía da minaría, onde recollimos o material que precisabamos para esquiar. Cando estivemos listos puxémonos camiño á estación de esquí. Ó chegar dirixímonos ás pistas subindo no telecadeira, que nos deixou na zona onde nos esperaban os monitores que  nos ían ensinar o preciso para poder pasar  dous días estupendos. Con moito frío e neboa desfrutamos dun bo día de esquí, facendo so unha paradiña ás dúas para comer e así ter o resto da tarde libre, no que cada  quen aproveitou para seguir practicando as leccións que nos deran pola mañán. A última hora, deixamos todo no aluguer e marchamos cara o hotel, situado en Ponferrada, onde descansamos un pouco, cenamos e despois fomos a un bar a ver o “clásico Barça – Madrid”. Ó volver demos un paseo pola cidade e despois voltamos para descansar xa que ó día seguinte esperábanos unha xornada de esquí moi boa.

O mércores, baixamos almorzar ás 8 e despois de coller as maletas fomos á estación de esquí, pasando antes polo aluguer. Con mellores condicións meteorolóxicas, pasamos un día de esquí similar ó anterior onde desfrutamos da neve e do sol. Ó rematar, subimos ao autobús para voltar a Galicia, facendo unha parada en Lugo para descansar un pouco e cear. Sobre as dez e media da noite chegamos á Praza de Galicia onde os nosos familiares estaban esperando por nós, poñendo fin a unha excursión divertida onde non só esquiamos, senón que xogamos coa neve, botamos uns risos, coñecemonos un pouco mellor e desfrutamos todos xuntos.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ link=”file” ids=”4566,4567,4568,4569,4570,4571,4572,4573,4574,4575,4576,4577,4578,4579,4580,4582,4583,4584,4585,4586,4587,4588,4589,4590″]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies