Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Despedida do curso 2019 – 2020

Con moito agarimo preparamos uns vídeos para que lembredes momentos especiais e máxicos que vivimos xuntos e tamén outros coas actuacións recentes agrupadas por cursos. Non tedes máis que abrir a aplicación que acompaña esta entrada e na que se recrea un paseo polas nosas instalacións; se premedes nos símbolos que aparecen poderedes acceder a voces (no símbolo do altofalante situado na parte superior dereita), imaxes e vídeos das distintas etapas e desprazarvos por un percorrido que todos recoñeceredes.

Remata o curso 2019-2020 pero en pouco tempo,  volveremos a vernos e a compartir sorrisos e apertas. Mentres, seguiremos preparando o Colexio para o reencontro. Por favor, coidádevos moito e, como di o noso lema, seguimos MEDRANDO CONTIGO.

                           En nome de TODO O EQUIPO DO COLEXIO LOURDES:

                                              MOITAS GRAZAS E FELIZ VERÁN

A continuación podedes ver, por separado, tanto os vídeos de fin de curso como os vídeos dos momentos do curso, das distintas etapas. Son os mesmos que aparecen na aplicación.
VÍDEO DE FIN DE CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL

VÍDEO DE FIN DE CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

VÍDEO DE FIN DE CURSO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

VÍDEO “MOMENTOS DO NOSO CURSO”, DE EDUCACIÓN INFANTIL

VÍDEO “MOMENTOS PARA LEMBRAR”, DE EDUCACIÓN PRIMARIA

VÍDEO “MOMENTOS ESPECIAIS”, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies