Día da Paz e da Non Violencia
Celebramos o día pola “Paz e a Non Violencia”, e fixémolo con actividades que incluíron a lectura do Manifesto do Día da Paz, unha reflexión sobre a figura de Gandhi, a proxección de vídeos e lecturas poéticas arredor do tema do día, a paz. A xornada resultou moi emotiva.