Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Día da Terra

Este curso a celebración do Día Internacional da Nai Terra (22 de abril), máis coñecido como Día da Terra, tivo unhas connotacións especiais.

Por unha banda, en todo o mundo se sucederon mensaxes sobre a necesidade do coidado e protección da Terra que incluíron unha ollada á situación pola COVID-19, causante de que as conmemoracións se realizasen principalmente por medios telemáticos.

Por outra banda, este ano cumpríronse 50 anos do primeiro Día da Terra, que tivo lugar o 22 de abril de 1970 co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de protexer o planeta.

Por se fora pouco, no noso Centro sumamos outra circunstancia especial, porque o noso lema durante todo o curso escolar 2019-2020 é POR UN PLANETA SAN. PENSA GLOBALMENTE, ACTÚA LOCALMENTE.

Desde comezo de curso viñemos realizando diversas actividades en todos os cursos de Infantil, Primaria e Secundaria: murais, lecturas, composición de textos, proxectos de investigación, teatro, cancións… O 22 de abril non ía ser menos e os nosos blogs de curso e plataformas (E-Dixgal e Moodle) enchéronse de propostas de actividades: lecturas, debuxos, vídeos, cancións, chuvias de ideas sobre como podemos contribuír ao coidado do planeta, propostas para reutilizar obxectos e materiais, invitacións a plantar sementes e observar o crecemento das plantas…

Agardamos que o noso lema cobre forza e pronto teñamos un planeta máis san en todos os sentidos!

Imaxes de WikiImages e Gerd Altmann en Pixabay  (rexistradas no dominio público segundo licencias Creative Commons)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies