Día das Letras Galegas
Ao longo da Semana das Letras fixemos diversas actividades nas aulas para coñecer a traxectoria vital e a obra do poeta valdeorrés Florencio M. Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Tamén organizamos unha celebración no patio con algo que a Florencio lle encantaba: a música tradicional galega e o baile galego!