Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Día de Rosalía

Por primeira vez celebramos o Día de Rosalía o 23 de febreiro, grazas á descuberta, por parte da investigadora galega Sagrario Abelleira, da escritura notarial que confirma que Rosalía de Castro naceu o día 23 de febreiro de 1837. Ata agora tomábase como referencia a data da súa partida bautismal (24 de febreiro).

Ademais de comentar e ver unha imaxe do documento que levou a cambiar no calendario a celebración do Día de Rosalía, achegámonos de novo á vida e obra da escritora galega de máis sona a través de recitais, cancións, vídeos, actividades interactivas, visitas á páxina web do museo Casa de Rosalía e traballos manuais.

Miña casiña, meu lar

cantas onciñas de ouro me vals.

Vin de Santiago a Padrón

cun chover que era arroiar,

descalciña de pé e perna,

sin comer nin almorzar.

Polo camiño atopaba

ricas cousas que mercar

i anque ganas tiña delas

non tiña para as pagar.

(Fragmento de “Miña casiña, meu lar” de Follas novas).

Á esquerda, composición feita polo alumnado de 2º EP. Á dereita, imaxe modificada dixitalmente a partir do retrato póstumo de Rosalía de Castro que fixo en 1902 Antonio Portela Paradela (obra con consideración de material de dominio público ).

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies