Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Queremos PAZ! Unha paz que cale por sempre as guerras, unha paz para agora e para SEMPRE!

Por iso fomentamos a cultura da paz todos os días do curso, pero cada 30 de xaneiro reunímonos para cantarlle á PAZ a unha soa voz.

A PAZ

A Paz é un paseo,

unha alegre conversa,

un sorriso de amigo,

un pan na miña artesa.

A Paz é o que sinto

que fago en liberdade

na rúa, no traballo,

no campo, na cidade.

A Paz é estar contento,

saír, soñar, correr…

A Paz é todo un mundo

que eu non quero perder.

Ana María Fernández, Versos da tarde laranxa, Galaxia, 2016, p. 62.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies