Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Día Escolar das Matemáticas – 1º e 2º EP

Celebramos o Día Escolar das Matemáticas (12 de maio) con actividades interdisciplinarias que tiveron como centro de atención as matemáticas.

En 1º EP elaboramos a nosa Maths Box, unha “caixa de matemáticas” totalmente personalizada coa que practicamos sumas e restas de maneira lúdica, manipulando sementes, como fabas e garavanzos.

En 2º EP traballamos coa xeometría da man do artista neoplasticista neerlandés Piet Mondrian (1872-1944), quen nas súas obras máis icónicas apostou pola simplicidade absoluta: composicións abstractas con planos de cores primarias e liñas rectas horizontais e verticais, formando cadrados e rectángulos. Ademais, traballamos cun texto titulado “Un problema de matemáticas”.

Como a celebración coincidiu coa Semana das Letras Galegas, este ano lemos nos dous cursos o texto “A inventar números”, que forma parte de Contos ao teléfono de Gianni Rodari, traducido por Xela Arias, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies