Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Día Internacional da Muller

Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller decoramos con entusiasmo a árbore da entrada do colexio, actividade na que participamos todas as nenas e nenos de Educación Infantil e Educación Primaria. Enchémola de nomes de mulleres e de logotipos da campaña Xeración Igualdade, de ONU Mulleres.

Ademais, en cada aula realizáronse diferentes actividades, co obxectivo de facer fincapé no valor da igualdade, que defendemos, promovemos e traballamos durante todo o curso. Algunhas delas foron: presentacións, comentario de vídeos e fotografías, traballos de investigación, composición plásticas, lectura de poemas escritos por mulleres, lectura de noticias e biografías de deportistas, científicas, artistas… Non esquecemos as mulleres máis importantes das nosas vidas: nais, avoas, irmás, tías, curmás, madriñas, amigas, compañeiras…

“Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19” (lema da ONU no 2021)

Sen estereotipos, con oportunidades para todas as persoas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies