Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Parlamento Xove 2021, unha grande experiencia

O pasado sábado, 6 de marzo, participamos un ano máis no Torneo de Debate “Parlamento Xove”. Nesta edición, por videoconferencia por mor da situación actual,  o equipo formado por Adrián, Breixo, Daniela e Vanessa, de 3º de ESO, tivo que debater con outros centros a partir dun tema de moita actualidade:  “Debería un estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?”.

Malia non clasificarse para a fase final o equipo demostrou unha grande altura dialéctica e unha actitude encomiable ao longo dos tres debates  disputados na xornada. O noso paso polo torneo deixounos un sabor de boca moi doce acrecentado, ademais, porque Breixo, orador-refutador do equipo, foi designado polo xurado da competición como o mellor orador da edición do Parlamento Xove deste ano.

Adrián, Breixo, Daniela e Vanessa: ¡Noraboa equipo!

Parabéns, Breixo, polo galardón acadado!!

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies