Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Excursión a Santiago de Compostela, 1º e 2º EP

O 25 de maio fomos de excursión a Santiago de Compostela. Pola mañá fixemos un percorrido polo casco histórico, con paradas para buscar en grupos as respostas a algunhas preguntas curiosas. Despois descansamos nunha das prazas máis famosas e fermosas do mundo: a Praza do Obradoiro!

A continuación, trasladámonos á Cidade da Cultura, onde desfrutamos xogando na zona de lecer e comemos no Parque do Lago.

Pola tarde paseamos pola Cidade da Cultura, fixemos unha parada na exposición “2 Torres, 2 Camiños”, nas Torres Hejduk, e visitamos a exposición “Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño, 1924-2020”, no Museo Centro Gaiás, onde algúns dos ready-mades nos deixaron abraiados e nos sacaron un sorriso.

Que ben o pasamos en Santiago!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies