Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Excursión de 1º e 2º EP a Sabucedo e Codeseda

O 18 de maio tivemos unha saída didáctica a dúas parroquias da Estrada, Sabucedo e Codeseda, para desenvolver a actividade “Os tesouros da Estrada”.

Pola mañá estivemos en Sabucedo, onde visitamos a Serra do Mestre, unha instalación preindustrial que conta con muíño e serradoiro hidráulicos, ademais dun forno, e percorremos a ruta dos muíños de Vesacarballa. Para coñecer a historia da Rapa das Bestas, estivemos no curro vello e no curro novo e paseamos polas rúas da aldea, na que se localizan varias fotografías artísticas que ilustran esta tradición centenaria declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

Pola tarde trasladámonos a Codeseda e visitamos a igrexa de San Xurxo, coñecida pola súa fermosa ábsida románica. Rematamos a excursión percorrendo un tramo do Camiño da Geira ou dos Arrieiros.

Que ben o pasamos!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies