Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Excursión de 3º y 4º

Hola a todos!
Queriamos compartir con vós o que fixemos na nosa viaxe a Cambados e Vilanova de Arousa.
En primeiro lugar, chegamos a Cambados e alí visitamos o Museo do Viño, onde nos explicaron cousas como… cando se recolle o viño, como se colocan as cepas… e moitas cousas máis.
Logo visitamos a fábrica de conservas de pescado e mariscos Dardo, en Vilanova de Arousa e vimos todo o proceso en cadea do atún e o mexilón, dende que se coce ó vapor, ata que se vai a meter nas latas, quedamos abraiados e ademáis nos regalaron unha lata de atún a cada un!!!
Seguimos coas compras por Cambados, e logo fomos xantar a un parque chulísimo no centro, o Parque de Torrado, con moitas especies de árbores, arbustos e flores distintas.
Logo de xantar paseamos pola beira do mar ata o Muiño de Mareas, e rematamos o noso camiño na Lonxa, onde estaban coa subasta de marisco e peixe, que interesante!!!
Para rematar visitamos a Adega de Albariño Martín Codax, onde nos explicaron todo xenial e ata fixemos un obradoiro de olfacto e de gusto, nos que levamos varias sorpresas!!!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies