Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Excursión de 5º e 6º EP

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitamos as cidades de Santiago de Compostela e A Coruña. Pola mañá estivemos coñecendo o Patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela e aprendemos parte da súa Historia. Visitamos o colexio de Fonseca, onde alucinamos cun facsímil do libro máis antigo que alí se conserva (case 1000 anos!): O Libro de Horas do Rei Fernando I de León. Despois estivemos no salón noble e no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia.

Pola tarde descubrimos recunchos da cidade da Coruña: comezamos a visita na histórica Torre de Hércules, recorremos o paseo marítimo da praia de Riazor, continuamos polo casco histórico ata a Praza de María Pita e rematamos o día no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, situado no Castelo de San Antón. Alí puidemos observar moitísimas pezas, armas, ferramentas, adornos e ata unha embarcación dos habitantes de Galicia na Prehistoria e Idade Antiga.

Pasámolo de marabilla!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies