Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Exposición pintura

O Venres 27 de Maio tivemos a sorte de poder facer unha saída  dende o colexio  á sala de Abanca para ver a exposición do pintor estradense Manuel Fragoso “Soños rotos”.

Ademáis de estar contentos por saír camiñando, disfrutamos vendo as cores, formas e materiais cos que estaban realizadas as pinturas e imaxinando e dicindo o que cada un observaba.

Resultou unha actividade moi interesante que temos ganas de volver a realizar. Moitas grazas a Manuel, o avó de Leo, o noso compañeiro de infantil, que mostraba un gran sorriso por vernos alí mirando as pinturas.

Foi tamén ocasión para observar o cruceiro, escultura galega feita de pedra, que normalmente se atopa nos cruces de camiños. Por este, que está na rúa do noso cole, pasan os peregrinos que van hacia Santiago de Compostela polo camiño da Geira e dos Arrieiros o seu paso pola nosa vila.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies