Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Festa da natureza e do deporte

Remata o curso e quixemos facer unha festa para despedilo.

A mañá comezou cun xogo de pistas onde se fixeron preguntas e probas relacionadas coa natureza. Houbo que avivar e agudizar o inxenio para terminar as probas con éxito dado que había moi bo nivel.

Non faltou a parte solidaria, onde grandes e pequenos participamos na carreira “km de solidariedade” para recadar a maior cantidade de fondos para Save the children, nin os xogos tradicionais, nin as liguillas de fútbol, baloncesto e balonmán como tampouco o noso recoñecemento coa entrega de diplomas ao grupo de debate que participou no Parlamento Xove. Pero sen dúbida, o que maior expectación causou foi o partido entre os de 4º da ESO e os profesores aínda que o resultado fora o de menos.

Foi unha mañá onde o deporte e a natureza confluiron nun único sentimento: pasalo ben.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies