Festa de graduación, promoción 2021-2022
Cadrando co remate do curso os rapaces e rapazas de 4º ESO celebraron a súa Festa de Graduación cun acto que valeu para lembrar o tempo vivido e para desexar o mellor para o que virá de agora en diante. Varias voces da comunidade educativa (profesorado, familias, alumnos) lembraron os momentos pasados nas distintas etapas, desde Infantil ata a ESO, reflexionaron sobre o que este momento de remate de etapa, mais tamén de comezo, significa e desexáronlles a todos eles, os dezaseis alumnos de 4º ESO, o mellor para eses dezaseis camiños que os agardan.
Para todos eles e elas, os nosos parabéns.