Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

FIN DE CURSO 2020-2021

Estimadas familias,

Queremos finalizar este curso cun recoñecemento especial ao noso alumnado, as vosas fillas e os vosos fillos son SÚPER.

Bailando coas cores azul, laranxa, verde, amarela e fucsia festexamos o logro deste curso e felicitámolos polos seus valores, dos que destacamos: A VALENTÍA, O ENTUSIASMO, A NATURALIDADE, A SUPERACIÓN E O AGARIMO.

Estamos moi orgullosos das nosas alumnas e os nosos alumnos, son quen dan sentido ao noso traballo, e grazas a elas e eles seguimos camiñando, remontando e superándonos día a día. Dámoslles un gran APLAUSO con letras maiúsculas.

Unha mención especial para vós, pola vosa confianza e a vosa colaboración, especialmente este curso. Colexio e familia xuntos somos un gran equipo.

En nome de todas as persoas que formamos o CNSL,

MOITAS GRAZAS!!

FELIZ VERÁN!

Apertas agarimosas.

Dolores Otero, Directora

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies