Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Imprimindo en 3D

Unha vez máis a tarde dos mércores sorpréndenos. Esta vez foi Enrique Otero de Brinka3D.com o que quixo enseñarnos o que está a revolucionar o mundo da Informática pero tamén da Ciencia, da Tecnoloxía e incluso da Medicina. Trátase da impresión en 3D. Enrique trouxonos unha impresora en 3D que segundo nos contou é un modelo que montou el mesmo. Díxonos que parte das pezas se podían facer no mesmo aparello e que esa era unha das vantaxes pois se algunha se estropeaba podían ter as pezas de reposto que se precisasen sen saír da casa.

Enrique explicounos o funcionamento pero tamén nos falou das múltiples utilidades que ten. Pezas de todo tipo se poden facer nesta impresora: figuras de xadrez, parafusos e as súas respectivas roscas, figuras decorativas, maquetas…. pero tamén están  probando a súa utilidade en campos coma a Medicina. Despois mentras a impresora estaba a traballar respostou a todas as nosas preguntas, que foron moitas.

Grazas Enrique.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”6541,6542,6543,6544,6545,6546,6547,6548,6549,6550,6551,6552″]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies