Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

“infinda”, “loita”… IX Festa das Palabras

O Teatro Principal acolleu por novena vez a celebración do acto da Festa das Palabras. Este ano volveu o formato coñecido, con xente con ambiente e co mesmo desexo de sempre, celebrar que falamos e escribimos nunha lingua e que desde ela, como desde calquera outra, podemos imaxinar mundos e ata chegar a crer neles.

Máis de 60 premiados e premiadas saíron da Festa das Palabras, celebrada o pasado 25 de maio, cun exemplar do libro editado cos traballos gañadores (que inclúe texto e fotos do alumnado gañador e debuxos realizados por nenos e nenas de EI). O acto, presentado por dous alumnos de bacharelato do IES Losada Diéguez, contou ademais coa música do grupo de Cuntis Favorita e as intervencións da representante do Concello da Estrada, Amalia Goldar, concelleira de Educación e, por suposto, da madriña da Festa, Rosalía Morlán, que dirixiu aos presentes unhas palabras de louvanza e recoñecemento do seu traballo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies