Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Letras Galegas 2019. VI Festa das Palabras

Neste ano o Día das Letras Galegas dedicóuselle a Antonio Fraguas, home polifacético que escribiu sobre os nosos costumes e tradicións e foi recompilador dun bo número de cantigas da terra de Cotobade; puidemos coñecer tamén aspectos da súa vida e a súa estreita vinculación co noso concello (foi profesor no Instituto da vila antes da Guerra Civil). Alén dunha exposición con carteis alusivos ao Día e ao protagonista celebramos un acto na véspera do propio día das Letras.

E como cada ano, outras letras galegas, as saídas da creatividade do noso alumnado tiveron o seu momento de recoñecemento na “VI Festa das Palabras”, que tivo lugar no Teatro Principal o pasado día 4 de xuño; neste acto os alumnos e as alumnas premiados e premiadas recolleron o libro recompilatorio co seu texto xunto cun caravel.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies