Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Cánto se aprende cociñando!

O luns na clase de 6º de Infantil, houbo repostería, con todo o que iso implica …
Primeiro, traballamos o texto da receita, escribimos os ingredientes e lemos os pasos da elaboración, moitas veces …
Preparamos todo o necesario (forno, utensilios de cociña, ingredientes) para facer a receita. Lavamos moi ben as mans. E…
Mans a obra!
Lendo os pasos e respectando as cantidades indicadas, fomos un por un, participando na preparación do biscoito. Unha vez ben batido, metémolo 30 minutos o forno. Mentres esperabamos, fixemos un sombreiro de cociñeiro. Cando o doce estivo frío, decorámolo con azucre en po. A nosa profesora trouxo outro biscoito, sen ovos e sen lactosa para os nenos que non poden tomar eses produtos.
Aprendemos moito máis ca unha sinxela receita, vocabulario, escritura, lectura, medidas de tempo e cantidades, control viso-manual, a respectar as quendas…
E sobre todo estaba delicioso!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies