Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Medidas adoptadas polo Centro en relación coa suspensión das clases debido ao COVID- 19

Estimadas familias,

Seguindo as indicacións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, comunicamos que:

  • Dende o luns 16 de marzo e durante 14 días naturais o Centro permanecerá pechado para a atención presencial en todos os niveis educativos.
  • Quedan aprazadas as probas de avaliación fixadas para as vindeiras semanas.
  • Quedan canceladas todas as titorías.
  • Recordámosvos que o 19 e 20 de marzo non son días lectivos (segundo consta no calendario escolar entregado ao comezo de curso).

Cómpre recordar, que este período non é de vacacións, nin para o alumnado nin para o profesorado, que continuará desenvolvendo o seu traballo, atendendo á formación e seguimento do alumnado e asesorando ás familias de xeito non presencial. Empregaranse as canles de comunicación que se detallan baixo estas liñas.

  • 5º e 6º de E. Primaria e 1º ESO: A través de E-Dixgal o profesorado facilitará actividades e recursos para desenvolver o traballo nas distintas materias. Para a materia de Lingua Galega de 1º ESO usarase tamén o blog https://verbasdeagua.blogspot.com/.
  • 2º, 3º e 4º ESO: A través da Aula Virtual do Centro (Moodle) o profesorado facilitará actividades e recursos para desenvolver o traballo nas distintas materias. Para a materia de Lingua Galega usarase tamén o blog https://verbasdeagua.blogspot.com/.

CONSULTAS:

Correo electrónico: cpr.nuestrasenora.lourdes@edu.xunta.es

 

HORARIO DE ATENCIÓN NON PRESENCIAL:

Educación Infantil e Primaria:

De luns a xoves: de 9:30 a 13:00 e de 15:00 a 17:30

Venres: de 9:30 a 13:00 e de 15:00 a 17:00

Educación Secundaria:

Luns, martes e xoves: de 9:00 a 13:30 e de 15:00 a 17:30

Mércores e venres: de 9:00 a 13:30

Nas horas que corresponderían a cada materia, segundo o horario deste curso, o alumnado da ESO poderá resolver as dúbidas que se lle presenten, ben a través da propia Aula Virtual (Moodle), ben a través do correo electrónico do Centro.

Prégase que as familias que por calquera motivo non puideran acceder a estes medios telemáticos nolo fagan saber mediante correo electrónico.

                                                           EQUIPO CNSL

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies