Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

O Barbanza. Qué pasada!

O día  11 de Maio os alumnos de 5º e 6º de primaria  fomos  de excursión ao Monte da Curota, Castro da Baroña, Dolmen de Axeitos, Faro de Corrubedo e ao Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Saímos do colexio en autobús ás 9:00 h. e volvemos  ás 19:30 h. á  Praza de Galicia.

Á primeira parada chegamos todos un pouco durmidos por culpa da hora e pico que botamos na estrada. Ao baixar do autobús un vento algo frío soprounos nas caras facendo que todos espertáramos para darnos conta que xa estabamos no Monte da Curota! Alí sacamos moitas fotos e subimos ao balcón onde vimos unha paisaxe moi fermosa. Na baixada do monte estivemos vendo os cabalos e vacas que alí viven.

A seguinte parada foi no Castro de Baroña. Alí todos quedamos impresionados coas pequenas casas destruídas e o fero mar batendo nas rochas.

Aínda asombrados con iso dirixímonos ao seguinte destino: o Dolmen de Axeitos. Parecíase a esas cabanas que os nenos intentan facer pero moito máis dura e resistente. É incrible que siga de pé despois de tantos anos.

Xa esfameados, por fin nos levaron a xantar a un área recreativa con mesas de pedra e  xogamos a diversas cousas.

Despois dunha longa mañá faltaba a última parada: As Dunas de Corrubedo. No CIELGA vimos un vídeo e visitamos unha exposición moi interesante. Pero para un día perfecto faltaba o que todos nós máis queriamos: a praia. Así que tan pronto chegamos metémonos na auga ata os xeonllos e algúns, un chisco máis. A merenda e a viaxe de volta foron o punto e final a unha xornada inesquecible.

Que se repita, profes!

Alumnos/as  de  5º  E. P.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies