Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

O medio ambiente depende de nós

O mércores 17, os alumnos da ESO tivemos a  oportunidade de ter no noso colexio ao capitán da Guardia civil  (SEPRONA) desta zona, quen nos explicou durante unha hora aproximadamente, en que consistía o seu traballo.

Xa que os alumnos de 2º da ESO estamos realizando o proxecto de Voz Natura, este informounos  un pouco máis de todo o que facemos, a veces sen darnos conta, para perxudicar o medio ambiente,   como  as queimas de montes producidas por barbacoas ilegais, vidrios tirados ao chan, cabichas dos cigarros mal apagados… e como podemos evitalo  sen que cause ningún dano. Todo isto resúmese a que se vamos de acampada, picknik ou simplemente pasar unha tarde no monte non nos custa nada deixar todo como estaba, levando connosco bolsas para meter os residuos que non valgan e que debemos botar nos contenedores correspondentes. Tamén é imprescindible pedir permisos ou informarse de onde e cando se pode facer unha fogata, barbacoa, churrascada… Podemos disfrutar da natureza sen ter que estragala.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies