Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

O mundo da Xustiza, unha mañá para aprender

O pasado mércores, 24 de xaneiro, os cursos de 3º e 4º da ESO participaron na actividade do programa Educar en Xustiza.

Esta iniciativa, promovida polo Consello Xeral do Poder Xudicial e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG),  procura que o alumnado coñeza o funcionamento dos órganos xudiciais da comunidade e para ese fin puidemos asistir a varios xuízos nos Xulgados do partido xudicial de Santiago de Compostela. Alí coñecimos da man de membros da carreira xudicial como é un xuízo, quen intervén en cada momento (xuíces, fiscais, avogados, acusadores, acusados, testemuñas, etc.) e recibimos explicacións sobre conceptos básicos da xurisdición de menores como é o sistema de imposición de penas.

Foi, sen dúbida, unha visita apaixonante que valeu para aprender moitas cousas da man duns guías excepcionais e pulsar, e descubrir a un tempo, como é unha mañá na vida dun Xulgado.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies