Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Os maios

Os rapaces e rapazas de 4º quixemos compartir con todos vós, este maio que fixemos.

Trouxemos anises,froitas, ovos, flores e follas…. Enchemos o colexio de doce aroma e moitas cores,
e ademais fixemos un bo traballo en equipo! ata inventamos unhas letras para cantarlle ó maio.

Logo pasamos polas clases para que o viran os demais, foi xenial!

Deixámosvos este enlace para que poidades escoitar esta preciosa canción que fala do maio, e debaixo
a letra e o autor. ¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

Pulse aquí para ver o vídeo

Luis Emilio Batallan: Ahi ven o Maio
————————————
Ahí ven o maio de frores cuberto
puxéronse a porta cantándome os nenos
os puchos furados pra min extendendo
pedíronme crocas dos meus castiñeiros.

Pasai rapaciños calados e credos
que o que é polo de hoxe que darvos non teño
eu sonvos o probe: o povo galego
pra min non hai maio,pra min sempre é inverno.

Cando eu me atopare de donos liberto
que o pan non mo quiten,trabucos e préstemos
que,coma os do abade, frorezan meus eidos
chegado haberá enton o maio que eu quero.

Queredes castañas dos meus castiñeiros
cantademe un maio sen bruxas nen demos
un maio sen segas, usuras nen preitos.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies