Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Parlamento Xove, ¡estamos na fase final!

 

DSC_0271
A pasada fin de semana tivo lugar en Culleredo (A Coruña) a fase clasificatoria do Torneo de Debate “Parlamento Xove”, competición organizada pola Dirección Xeral de Xuventude que se celebra cada ano. Nesta edición, a 6ª,  na que participaron 24 centros de toda Galicia, o equipo de debate do noso colexio obtivo un merecido 8º posto na clasificación final, o que lle dá dereito a participar na fase final deste torneo. Alí estaremos!
O equipo formado por César Barruso, Clara Iglesias, Pablo Sanmartín e Irina Zamora, de 4º da ESO, demostrou un alto nivel e gañou dous dos tres debates que disputou; ademais, nos tres debates obtivo puntuacións moi altas. Agora toca agardar o tema do próximo debate e prepararse para, o 15 e o 16 de abril, esta vez en Santiago, debater nos cuartos de finais.

Bo traballo! Sorte para o que vén!!

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”7911,7910,7909,7908,7907,7905,7904,7903,7902″]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies