Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Participamos na 5ª edición de COÑÉCEAS!

O pasado 8 de febreiro recibimos a visita de Laura Porres Ventín, investigadora no CIMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas), que está situado en Santiago. Foi no marco da xornada “Coñéceas” para a divulgación da actividade científica realizada por mulleres e que cada ano organiza ASEICA. O obxectivo desta actividade é dar visibilidade ás científicas que investigan o cancro dunha maneira dinámica e interactiva e con esta iniciativa ASEICA pretende tamén animar o alumnado e, en particular, as nenas e xoves, a que se interesen pola Ciencia.

Laura, como ‘detective do cancro’ explicounos aspectos da súa actividade investigadora, dos estudos realizados, como naceu a súa vocación,  como é un laboratorio “por dentro” e como os alumnos e alumnas da ESO poden también chegar algún día a ser investigadores.

Grazas pola túa visita, Laura!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies