Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Participamos no Parlamento Xove-2015

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ ids=”6813,6814,6807,6806,6808,6809,6810,6811,6812″]A pasada fin de semana os alumnos Víctor, Eloy, Andrea e Xián, de 4º da ESO, asistiron ao Parlamento Xove, un torneo de debate no que o noso colexio participaba por primeira vez. Estes alumnos pioneiros representáronos con orgullo e sen deixar nada que desexar. A competición consistía nunha serie de debates, o que conseguira o maior número de puntos e de vitorias chegaría á final.

O primeiro día pasaron a noite no Pazo de Mariñán onde se xuntaron cos demais equipos e se realizou o sorteo dos diferentes debates; ó día seguinte foron ao edificio da Deputación da Coruña e comezaron coa competición, que consistía nunha serie de debates, o que conseguira o maior número de puntos e de victorias chegaría á final. O noso equipo gañou o debate contra o Colexio Calasanz Padres Escolapios da Coruña, e perdeu os outros dous de maneira moi desputada contra o IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela e contra o SEK Atlático de Poio; debido ás dúas derrotas non puideron pasar á última ronda pero regresaron moi contentos do nivel mostrado contra equipos que levaban anos asistindo e viviron unha experiencia inolvidable, onde coñeceron e se fixeron amigos de moitos dos alumnos de outros colexios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies