Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Participamos no Parlamento Xove – 2018

O pasado sábado celebrouse en Culleredo, A Coruña, a IX Edición do Torneo de debate “Parlamento Xove”. Nós participamos, é o cuarto ano, co equipo de debate formado por María Mato, Alba Requeijo, Julián Rivadulla e Simón Suárez, alumnos e alumnas de 4º da ESO, co profesor Víctor López como coordinador.  O tema de debate proposto pola organización foi “A educación ambiental nos centros educativos significaría evitar incendios como os acaecidos en Galicia en outubro de 2017?”. Despois de semanas dun intenso traballo preparatorio o sábado tocounos debater e, aínda que o resultado non nos permitiu pasar á fase final (gañamos un debate e perdemos dous), o equipo quedou con moi boas sensacións e moi satisfeito polo traballo realizado, e amosado. Non esquecemos que detrás do debate está o esforzo, xeneroso, empregado na investigación e nos ensaios é moito traballo cooperativo, ferramenta esencial.

Con todo, a actividade, mais alá da competición, déixanos a experiencia dun venres e dun sábado diferentes, un momento para coñecer novos compañeiros e para saber de novos contextos e situacións. De novas aprendizaxes, en suma.

María, Julián, Alba, Simón: ¡parabéns polo traballo!

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies