Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Premio ao mellor orador do Parlamento Xove 2021 para Breixo. ¡Parabéns!

O alumno de 4º ESO do CPR Plurilingüe NS Lourdes, Breixo Bahamonde Senín, recibiu onte, da man da conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, o premio e o diploma que o acredita, xunto con outros tres galardoados, como mellor orador da edición do Parlamento Xove (ESO) 2021. A entrega do premio foi adiada polas circunstancias e onte tivo lugar o acto de entrega nas dependencias do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI), en Santiago de Compostela. Ao acto asistiron a conselleira, a directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel,  representantes dos centros escolares e as familias dos galardoados/-as.

Un merecido recoñecemento para un traballo espléndido. ¡¡¡NORABOA BREIXO!!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies