Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Rosalía, fonte de inspiración – 2º EP

O 24 de febreiro comezamos as celebracións do Día de Rosalía cunha sorpresa, pois o alumnado de 2º de ESO recitou para nós por videoconferencia o fermoso poema Roxiña cal sol dourado (Cantares gallegos, 18). Moitas grazas! Fíxonos moitísima ilusión!

Despois lemos unha biografía de Rosalía de Castro e navegamos pola páxina web da Casa de Rosalía para coñecer esta casa-museo, a receita Caldo de Gloria (https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/caldo-de-gloria/) e o poema na que está inspirada, Miña casiña, meu lar (Follas Novas).

Tamén descubrimos que detrás destes versos que tanto nos gustan,

Eu ben vin estar o moucho

enriba daquel penedo:

¡Non che teño medo, moucho,

moucho, non che teño medo!

está un longo poema que fala  da historia dun medo e da súa superación (Cantares gallegos, 16). E trasladámonos a unha festa tradicional galega, lendo un fragmento de Has de cantar (Cantares gallegos, 1), que relacionamos coas nosas clases de baile galego.

Non podían faltar as composicións plásticas, cunhas Rosalías ao estilo Warhol convertidas desde hai uns anos en imaxes icónicas desta xenial escritora galega. Enchémolas de cor mentres escoitamos unha selección musical de temas relacionados con Rosalía, como a canción Rosalía pequeniña de Uxía.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies