Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Saboreando A Estrada

Nestes últimos días o alumnado de 6º EP estivemos a participar na actividade promovida polo Concello, “Saborea A Estrada”.
O pasado día 9 visitounos Xosé Manuel Durán, experto en alimentación san e produtos ecolóxicos para charlar sobre a alimentación saudable e a calidade dos mercados de proximidade.
Desa charla xurdiu a proposta de escribir unha receita para elaborar con algúns dos produtos típicos da nosa comarca e da estación na que estamos. Pero o máis divertido desta actividade, foi sen dúbida, a realización práctica do proxecto, que levamos a cabo no Novo Mercado de A Estrada o pasado xoves día 18, “Cociña coa xente miúda con Iván Méndez”. Escoitamos os valiosos consellos dunha nutricionista sobre unha alimentación san e participamos activamente, cada un co noso mandil de cociña, na elaboración da nosa receita. O remate foi especial porque tivemos a sorte de degustar o que antes cociñaramos.
Aquí vos deixamos tamén a nosa receita, por se vos animades a facer de cocinillas.
“Receita de polo á sidra con mazás”

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies