Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Semana das Ciencias en Secundaria

Un ano máis, no CNS Lourdes, vimos de celebrar a Semana das Ciencias na que as rapazas e os rapaces implicáronse moito nas diferentes actividades que se fixeron.

Como non podía ser doutro xeito, tivo lugar o noso concurso de preguntas e respostas científicas e matemáticas. Este ano, en ambas categorías, os duelos realizados estiveron moi reñidos, pero na final acabaron impoñendose o equipo conformado por Zoe, Naia e Patricio na categoría de 1º e 2º de ESO, e o de Iara, Antía e Manuel na de 3º e 4º de ESO.

Tamén se realizaron dúas excursións. 1º e 2º de ESO visitaron a cidade de Vigo, onde foron ao Museo de Arte Contemporánea e o Museo do Mar, onde realizaron diferentes actividades sobre a problemática dos plásticos no mar. Por outro lado, 3º e 4º de ESO, foron á aula Newton, donde puideron realizar simulacións de voo entre outra actividades.

Durante a semana tamén se visualizaron documentais de carácter científico, Tierra, una película de nuestro planeta, y Una verdad incómoda.

Finalmente, o venres, realizamos o roteiro de experimentos, nos que o alumnado de 4º preparou experimentos, os cales explicaron ao resto dos compañeiros da ESO.

E como remate final, desveláronse os gañadores do I Concurso de Fotografía de Outono, sendo a gañadora Reflexos, de Carolina Otero Riesco. Mentres que a segunda e terceira posición foron para Iara Blanco e Mauro Gañete respectivamente, polas súas fotografías, O outono, a segunda primavera, e Muiño no Monte.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies