Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Semana de Entroido en E. Infantil

Unha semana diferente, chea de actividades relacionadas co Entroido e o mércores 23, día de Rosalía.

Non paramos de aprender cousas novas e facer caretas, antefaces e disfraces…

Pasámolo en grande!

Luns:

Con calcetíns de diferentes cores, vente ao cole de mil amores!

4º Ben simpáticos cos nosos calcetíns e quentadores estivemos e preparamos uns gorriños de sanitarios para aprender a canción da reanimación, que resultou ser moi interesante, puxemos moita atención.

6º, Ademais, traballamos o poema do Moucho de Rosalía e fixemos un anteface.

 

Martes:

Cubre a cabeza co que che apeteza!

4ºQué divertido! Hoxe levamos o antiface de bolboreta.

6º, Levamos tamén un anteface do personaxe que mais nos gusta de Bob Esponxa.

Mércores:

Non esquezas poñer no pescozo algo que te encha de gozo!

4ºCantamos poemas de Rosalía, falamos da súa vida, interactuamos coa pantalla dixital adiviñando cousas sobre ela, facemos pinturas e marcapáxinas.

6º, Hoxe celebramos o día de Rosalía, fixemos un marcapáxinas, unha máscara e o poema do Moucho.

Xoves:

Se te queres divertir, un mandil has de vestir!

4ºAproveitamos os tambores da última actuación para converternos en batukeiros do entroido, algunha reformiña e máscara ben colorida.

6º, Os chefs!

Venres:

Para que o Entroido festexes, pon o disfrace que desexes!

4º Disfrazámonos de…

6º O gran día!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies