Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Sementeira 9. Territorios creativos: paisaxe e sostibilidade (ProxectoTERRA)

O 23 de novembro o alumnado de 6º de E. Primaria participou no obradoiro SEMENTEIRA 9. TERRITORIOS CREATIVOS: PAISAXE E SOSTIBILIDADE, pertencente ao programa educativo ProxectoTERRA do Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que ten como obxectivo fomentar a innovación educativa.

As arquitectas Ana Barreiro e África Martínez, de Taller Abierto Proyectos Culturales, foron as encargadas de dirixir o obradoiro, no que se traballou sobre a organización do territorio, o urbanismo, o desenvolvemento sostible, o respecto medioambiental e patrimonial, etc.

Ao longo do curso seguiremos participando no ProxectoTERRA con outras actividades deseñadas polo profesorado do colexio nas que participará todo o alumnado de E. Primaria.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies