Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Solidarios

Axuda a Filipinas

SOLIDARIOS  con Filipinas. Recentemente participamos na campaña solidaria organizada pola Cruz Vermella para axudar ás vítimas causadas polo tifón “Haiyan” que arrasou as illas Filipinas a comezos de novembro. Ingresamos a nosa axuda en favor da Cruz Vermella e así aportamos o noso gran de area para que lle cheguen á poboación damnificada os subministros e o materiais necesarios para refacer as súas vidas.

cáritas

SOLIDARIOS coas familias sen recursos da Estrada. Desde a semana pasada estamos a participar na campaña solidaria de Cáritas Diocesana para facer provisión de alimentos non perecedoiros cos que axudar a familias con escasos recursos económicos do noso concello. O noso colexio é un dos puntos de recollida da Operación Quilo, que así se chama esta campaña. Podedes depositalos no centro de Educación Primaria ou no de Secundaria atá o próximo venres, 13 de decembro.

Grazas pola vosa colaboración.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies