Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Unha lección maxistral!

 

XOSÉ NEIRA VILAS 01

O pasado mércores os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP asistimos a unha charla no centro da ESO co ilustre escritor galego Xosé Neira Vilas. Foi unha enriquecedora viaxe pola súa vida e obra. Don Xosé falounos da difícil infancia en Gres, cando compartía a escola co traballo do campo para axudar aos seus pais, da dureza da emigración, da súa formación académica, da vida laboral, da labor social e cultural levada a cabo en Buenos Aires, Cuba e agora xa na terra, e contounos curiosidades da súa vida persoal.

Toda unha lección de sabedoría, de lucidez, de humildade e amor profundo pola nosa terra e a nosa lingua. Non esqueceremos as súas verbas nin os seus consellos.

Moitísimas grazas, Don Xosé, por esa lección maxistral!

XOSÉ NEIRA VILAS 02

 

DSCF0437

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies