Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Unha viaxe con sabor a Mediterráneo

EXCURSION FIN DE CURSO 2013

Despois de todo un ano de traballo e esforzo, este deu o seu froito e os alumnos de 4º da ESO por fin marchamos de excursión. Moitas propostas, mil voltas ó proxecto e más ilusión aínda definiron o destino: Barcelona-Salou.

O luns dia 6 ás 7:45 todos nós e mailos profesores estabamos xa no aeroporto de Santiago dispostos a poñer rumbo á capital catalá. O voo saiu ás 9:15 de Lavacolla e chegamos sobre as once menos vinte ó Prat. Ese primeiro día estivo adicado á visita de Barcelona, onde puidemos desfrutar dun tempo moi agradable e das marabillas que agocha esta cidade. Camiñamos polas Ramblas e o gótico, mercamos no marabilloso mercado da Boquería, visitamos a Praza de Cataluña… ate que xa pola tardiña collimos un tren cara Salou onde puidemos comprobar a calidez da auga do Mediterráneo.

O martes 7 collimos o autobús á antiga cidade romana de Tarragona:camiñamos polas Ramblas, desfrutamos dunhas vistas ó mar espectaculares e puxémonos na pel duns antigos cidadáns romanos visitando o anfiteatro, o circo e a antiga muralla. Máis tarde voltamos a Salou para poder relaxarnos cunha tarde de piscina-praia de 10!

O terceiro día, mércores 8, será lembrado por todos os alumnos como unha gran maratón por Barcelona. Regresamos á cidade, pero esta vez visitamos Montjuic, o Parc Guell, a Sagrada Familia, o Museo de Arte Contemporáneo, a villa olímpica, a famosa rúa de Paseo de Gracia, montamos en teleférico, … e ata recibimos a agradable visita dunhas antigas alumnas do colexio que están a vivir alí e que percorreron con nós algunhas das rúas máis emblemáticas. Esta xornada foi adicada totalmente a Barcelona e a namorarse de cada un dos seus recunchos.

Cuarto día e o máis esperado por todos os alumnos: PORT AVENTURA. Chegamos ás once ó parque de atraccións e pasamos todo o dia nel. Recorrimos todas as zonas nas que se divide aumentando os niveis de adrenalina no noso corpo con cada unha das atracccións nas que montabamos: Shambala, Dragon Khan, Huracán Cóndor, Tutuki Splash, Grand Canyon Rapids, Stampida, etc. e espectáculos impresionantes protagonizaron o xoves 9 deixándonos un delicioso sabor de boca, pero non tanto como a comida mexicana e americana que comemos. Ese día xa comezaba a melanconía por ter que volver á casa ó día seguinte.

O venres 10 deixamos atrás a Costa Brava e voltamos ó noso Atlántico ó que chegamos ás 14:45. No aeroporto esperábannos familiares e profesores desexosos de saber cómo fora a excursión.
Podo garantizar que todos e cada un de nós a describiríamos nunha palabra: INESQUECIBLE.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[ link=”file” ids=”4876,4877,4878,4879,4881,4882,4880,4883,4884,4885,4886,4887,4888,4889,4890,4891,4892,4893,4894,4895,4896,4897,4898,4899,4900,4901,4902,4903,4904,4905,4906,4907″]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies