Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

VIAXANDO POLAS REDES CON SEGURIDADE

O luns pasado o cabo José Ramón Fernández Ledo, da Garda Civil de Cruces, visitounos de novo para axudarnos a entender como manexar con maior seguridade internet e sobre todo as redes sociais. Nesta ocasión decidiu traer “reforzos” e veu acompañado da Tenente Ana García Sánchez, da Garda Civil de A Estrada. Esta charla-coloquio, que pertence ao Plan Director para a Convivencia, permitiunos aclarar as nosas dúbidas e sobre todo darnos conta de que todavía temos moito por aprender sobre o tema, aínda que pensemos o contrario. Insistíronnos en que o seu uso ten consecuencias e por iso debemos ter “sentidiño” e “non facer nada no mundo virtual, que non faríamos no mundo real”. Non che parece un bo consello? Pois xa sabes…a seguilo!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies